Cómo enviar material

Este espazo está aberto a todas aquelas persoas que desexen colaborar no desenvolvemento deste arquivo dixital da memoria fotográfica de Ribadeo.

Este é un proxecto vivo que continuamente vai estar medrando grazas á vosa colaboración. Se dispós dalgunha foto de Ribadeo, da súa xente, das festas, da paisaxe, do patrimonio, o calquera outra foto e/ou documento que consideres de interese é que sexa, preferentemente, anterior a 1970.

Podes facérnola chegar, ao correo electrónico: adl@ribadeo.org, en formato dixital cunha resolución mínima de 600pp.

Xunto coas imaxes, precisaremos dalgún dato que nos poidades dar (ano, lugar, identificación da xente etc.). Logo poñerémonos en contacto contigo.

Os comentarios están pechados.