Baixo este epígrafe van estar fotos do legado arquitectónico, popular ou non, relixioso ou civil, e tamén do paisaxístico. Os campos antes da concentración parcelaria, os montes sen eucaliptais, as vistas dos cultivos…un tesouro que te convidamos a xuntar para compartilo.