Imaxes da categoría: Lecer

As festas patronais eran os días oficiais para o lecer . Imaxes de xentes nas romarías, nos bailes (no campo da festa ou nos salóns que había por toda a Mariña), músicos de orquestras, músicos tradicionais, o fogueteiro, as rosquilleiras, os postos da bebida no campo da festa…

Mais tamén os traballos, sobre todo os comunitarios – quen dixo que os galegos non somos un pobo solidario?- daban pé aos seráns, festas improvisadas aproveitando o contacto cos veciños, onde se ría e se bailaba.

1º Circuito de Ribadeo de Ciclismo. 1948

Dúas familias na Xira

Nos touros

Grupo de teatro na Casa do Pobo.

Ribadenses na década dos 40 que representaban zarzuela no Teatro posaron así vestidos no parque.

Equipo do bar El Porrón

Compañeiros de festa na Mina

Comendo ourizos na fábrica de Rañón

Entroido en Ribadeo

A tradicional foto dos Cocos cos nenos e nenas

Ramón o Municipal diante da Coca

Os Cocos mirando a actuación das Meniñas de Saudade

Os cabezudos

No Cantón

Os Cocos

Festas Patronais

A familia Saavedra na romaría de Santa Cruz

Pepita, Maruja e Gloria